Xuices, fiscais, avogados e funcionarios saen á rúa: "el problema de la Justicia es un problema de la sociedad"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Un incremento do investimento público en Xustiza, a paralización inmediata do Proxecto de Lei para a reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e a derrogación da lei de taxas xudiciais e a Lei Orgánica de medidas de eficiencia presupostaria na Administración de Xustiza. Estas catro reivindicacións, todas elas contra reformas anunciadas polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, levaron xuíces e fiscais a secundar a súa primeira covocatoria de folga conxunta e a terceira do sector dende a instauración da Democracia. Ademais de parar na súa actividade, ás 11.30 horas saíron á rúa en toda España e no caso de Pontevedra recibiron o apoio de avogados e funcionarios de Xustiza nunha concentración conxunta ás portas da Audiencia Provincial.
O seguimento da folga foi desigual en Pontevedra. Mentres na Parda obrigou a suspender xuízos e paralizou 12 dos 23 xulgados, na Audiencia Provincial tan só obrigou a suspender vistas previstas no Xulgado do Social, pois outros maxistrados que si secundaron o paro de actividade non tiñan sinaladas vistas orais para esta xornada. Outras salas como a Sección Primeira celebraron xuízos sinalados dende hai meses, aínda que logo o seu equipo si se uniu á concentración celebrada ás portas do edificio.
"12 de los órganos unipersonales están haciendo huelga, cuatr no lo sé y siete sé que no", indicou o xuíz decano, Ignacio de Frías. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia indicou que na provinca secundaron a folga unha sala da Audiencia en Pontevedra e tres en Vigo, dez xulgados de Pontevedra, oito de Vigo, un de Cambados, dous de Cangas, os dous de Marín, un en Ponteareas, dous en Cangas, dous en Redondela e un en Tui.
Mentres os seus compañeiros se ían concentrando ás portas da Audiencia, o xuíz decano mostrou unha postura moi crítica coas reformas de Gallardón, en especial co feito de que dende a protesta de decembro de 2012 non se escoitou ao sector, senón que "vamos a peor, no se ve voluntad ninguna".
De Frías engadiu que nos xulgados da Pardaa "se está notando un descenso de asuntos"dende a entrada en vigor das novas taxas xudiciais e criticou que "esa no es la manera de descargarnos de trabajo". "Imposibilitando y dificutando el acceso de los ciudadanos a la Justicia no es la forma de descargarnos de trabajo. Tenemos mucho, pero no estamos de acuerdo en que sea la forma de darle solución", indicou.
Entre os concentrados encontráronse xuíces de todas as ordes xurisdicionais e funcionarios de xulgados da Audiencia e A Parda, sendo o colectivo de fiscais o que menos se sumou á convocatoria. Ao respecto, cabe salientar que a convocatoria de foi secundada por todas as asociacións de xuíces e fiscais agás as dúas maioritaria, as conservadoras Asociación Profesional da Maxistratura (APM) e Asociación de Fiscais (AF). Se ben estas agrupacioens deixaron aos seus afiliados liberdade para acudir ás protestas e paros de forma individual e non como asociación.
A concentración contou co despregamento de pancartas de sindicatos con representación entre o funcionariado de Xustiza como CIG, CSIF ou CC.OO. e concluíu coa lectura dun manifesto no que os convocantes sinalaron que "la unidad de hoy viene de saber que el problema no lo es de un colectivo profesional concreto, que el problema de la Justicia es un problema de la sociedad".
Mentres algúns xulgados quedaron baleiros e na Parda reinaba a tranquilidade, diante da Audiencia os ánimos estiveron tranquilos, pero reivindicaticativos, con afirmacións como que as novas taxas xudiciais son "absolutamente desproporcionadas e injustas" e que Gallardón promove reformas nas que "despide sin más a casi mil personas (...) al mismo tiempo que aumenta el drama social de la crisis y continuamos con procedimientos hipotecarios o de desahucio que no dotan de protección a las personas afectadas".
Relacionadas:
-
"Confiamos en que el Constitucional tumbe la Ley de Tasas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os avogados chaman a concentrarse contra a Lei de Taxas, que os pontevedreses notan "día a día"
Por Redacción |
-
Medio cento de funcionarios de Xustiza maniféstanse na Parda contra as medidas de Gallardón
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A administración de Xustiza paralízase contra Gallardón
Por Oskar Viéitez |