Agustín Fernández contesta ao alcalde de Cotobade: "Si la excusa es hacer un campo de tiro para las sociedades de caza, que lo diga"
Por Redacción
"Lo único que le pediría es que evite las descalificaciones" con estas palabras respondía o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, ao escrito do alcalde de Cotobade na polémica sobre o campo de tiro. "No voy a polemizar con Jorge Cubela. Yo entiendo que él haga su política. Prefiero que sean los ciudadanos los que juzguen. No ha dado ningún argumento de peso".
Fernández asegura que, nas últimas horas, recibiu chamadas de felicitación dos usuarios do campo de tiro de Cernadiñas Novas en Xeve tras as súas palabras en contra dun grande investimento da Deputación nun campo novo en Cotobade.
"Más bien parece insensato ponerse a hacer ahora un proyecto privado por valor de 1,1 millón de euros para hacer una instalación que ya tienes. No parece coherente" insiste o concelleiro de Deportes que lanza unha invitación ao alcalde de Cotobade a que diga a verdade sobre o seu proxecto: "Si la excusa que se oculta es hacer un campo de tiro para satisfacción de las sociedades de caza, que lo diga. Me parece muy bien que tengan un lugar en donde practicar pero que no se escude detrás de un campo de tiro olímpico porque lo que pretende es otra cosa". E engade: "Que diga que va a satisfacer a sus votantes cazadores y que quiere hacer un campo de práctica de caza. Aquí la cuestión está en ¿es necesario ahora gastarse en eso el dinero?"
O concelleiro segue preguntándose se non hai outras necesidades deportivas en Cotobade ou na provincia onde a Xunta e a Deputación poidan investir ese diñeiro. Segundo indicaba, os dirixentes do campo de tiro de Cernadiñas Novas en Xeve aseguran que quedaría absolutamente preparado con calquera tipo de competición e funcionando ao 100% cun investimento de 300.000 euros.
Sobre a afirmación de Jorge Cubela afirmaba na que que falaran coa directiva das instalacións pontevedresas para poder trasladar ao futuro campo de Borela parte das súas instalacións e dos seus asociados, Agustín indicou que "no tengo conocimiento de eso".