Marín crea roteiros no Lago de Castiñeiras para desenvolver o Plan de protección arqueolóxico
Por Redacción
Para garantir a protección do patrimonio arqueolóxico de Marín e buscar unha fórmula que poña en valor algúns dos xacementos máis destacados no municipio está previsto que se desenvolva un Plan Arqueolóxico.
Ata o dagora, o traballo estableceuse nos xacementos que se atopan en terreos privados de carácter comunal. Trátase dun 70% do total destes espazos que se atopan no municipio. Segundo explica o goberno local de Marín durante os últimos meses mantivéronse xuntanzas coas Comunidades de Montes de San Xulián, Santo Tomé, O Campo e Ardán. Durante estes encontros consensuáronse as actuacións previstas de cara ao futuro.
Estas medidas pretenden garantir a conservación dos xacementos arqueolóxicos situados nos montes de Marín, para que nin os usos forestais nin os de lecer se convirtan nun risco para o seu mantemento.
Entre as actuacións está previsto que se aproveiten tanto de forma sociocultural como turisticamente estes recursos naturais. Dúas das intervencións serán no Lago Castiñeiras, con roteiros que permitirán ofrecer datos á poboación sobre os conxuntos de petróglifos que se atopan en San Xulián e nas mámoas de Santo Tomé. O terceiro proxecto vai realizarse no castelo de Ardán, situado nun lugar con vistas privilexiadas da ría de Pontevedra.
O goberno de María Ramallo considera que este Plan é unha iniciativa de carácter pioneiro en Galicia, que procura difundir e protexer o patrimonio arqueolóxico situado en espazos de propiedade privada.
Relacionadas:
-
Menhir de 4.500 anos de historia, abandonado entre fentos
Por Redacción |
-
Alertan do mal estado en que se atopa a mámoa de Chan da Armada
Por Redacción |
-
Marín inicia os trámites para converter o Lago de Castiñeiras en ENIL
Por Redacción |
-
Os comuneiros de San Xulián propoñen a protección ambiental do Lago de Castiñeiras
Por Almu Dapena |
-
Marín acorda coas comunidades de montes a protección dos espazos arqueolóxicos
Por Redacción |
-
O casco antigo e os petróglifos de Mogor recibirán e despedirán os turistas de Marín
Por Redacción |