Que hai nesta botella? Unha campaña para aumentar as adegas da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Baixo o título 'Que hai nesta botella?', a Indicacion Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo acaba de poñer en marcha unha campaña de promoción que busca aumentar o número de viticultores e adegueiros adheridos a este selo de calidade desde a súa aprobación pola Comisión Europea e tamén posicionar os caldos no mercado para que a sociedade e o mercado potencial recoñezan este selo de calidade.
Na actualidade hai catro adegas, pero o territorio ten potencial para moitas máis. De feito, a superficie produtora de uvas para esta IXP está entre as 1.000 e 1.500 hectáreas nos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela e hai na zona 25.414 viticultores que contan con algo máis de 73.000 parcelas de viñedo.
A campaña vaise articular en torno ás redes sociais, fundamentalmente facebook, instagran e youtube, nas que está previsto realizar un concurso de vídeo e fotografía co mesmo Lema 'Que hai nesta botella?' para buscar a complicidade e apoio dos públicos aos que se dirixen, convertindoos en co-creadores da marca, despertando seu orgullo ou o seu sentido de pertenza.
O alcalde de Pontevedra e presidente do GDR Pontevedra-Morrazo, Migue Anxo Fernández Lores; o director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez; o vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia e adegueiro de Hío Antonio Portela; e o xerente do GDR, José María Tobío, presentaron a campaña este xoves nun acto celebrado na Casa da Luz.
A iniciativa busca poñer en valor os viños de Ribeiras do Morrazo, pero tamén todo o traballo que hai detrás e o impacto desta indicación xeográfica no territorio en tanto que supón recuperar unha zona de moita riqueza vitivinícola. Ao respecto, Lores destacou quea comarca ten "unha potencialidade inmesa", pero como ata agora non estaba en ningunha denominación "lle impedía desenvolverse". Desde a aprobación da IXP, ten "posibilidade de recuperar e de desenvolver a potencialidade vitivinícola que ten o territorio".
"Hai neste momento 4 adegas certificadas, pero ten que haber moitas máis, ten capacidade e o que queremos con este campaña é trasmitir que hai moitas posibilidades de crecemento, emprego, de desenvolvemento rural, de mantemento da poboación rural, de mantemento da paisaxe", expicou. Ademais, quérese poñer en valor un viño que "ten unhas características especiais, ligado ao mar nunha zona de altísima producción historicamente".
Un dos fins é animar á xente a que recupere a súa producción vitivinícola, a que se integre na iniciativa Ribeiras do Morrazo para poder potenciar e incrementar a producción de cara ao futuro porque, segundo Lores, "é unha saída viable para o emprego e para o rural da comarca".
A campaña vai a incidir nos viños xenéricos da IXG, na súa identidade e autenticidade e no seu carácter oceánico e tamén noutros elementos ou atributos intanxibles como a súa historia porque desde a GDR destacan que "detrás do recoñecemento da IXP hai tamén unha historia dun David que naceu á sombra dun Goliat, a historia dun territorio vivo de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos".
Esta campaña vai en paraleo a outras liñas de traballo da IXP que inclúen a organización de xornadas para informar e difundir as características dos viños producidos na IXP co fin de ampliar a base territorial do selo de calidade. Os días 21 de agosto, 25 de setembro e 6 de novembro está previsto celebrar charlas formativas e informativas sobre os temas indicados. A primeira terá lugar no Centro Social Casa Verde de Salcedo, o próximo día 21 de agosto, en horario de 19.00 a 20.30 horas e nela falarase sobre o Rexistro Vitícola Galego.
Ademais, todos os luns ata decembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas no Centro Social Casa Verde de Salcedo haberá un servizo de información.
Relacionadas:
-
A Alameda de Marín acollerá a I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción |
-
Aberta a inscrición para as catas do Túnel do Viño na IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa a profesionalización dos viticultores na IXP Ribeiras do Morrazo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Poñen no mercado as primeiras botellas certificadas co selo Ribeiras do Morrazo
Por Oskar Viéitez |
-
Catro adegas comercializarán viño da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Alejandro Espiño |
-
Europa recoñecerá a IXP Ribeiras do Morrazo en cuestión de días
Por Redacción |