Aberta a inscrición para as catas do Túnel do Viño na IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción
O sábado 20 de novembro celebrarase, na nova sede do GDR Pontevedra-Morrazo (Lugar Os Campos, 19, en Mourente, Pontevedra), o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia (IXP). Os túneles do viño son espazos de mostra e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP.
No acto de apertura do Túnel do Viño haberá unha lectura dunha declaración institucional, a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus produtos, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio.
Ao longo do día desenvolveranse catas dirixidas a diferentes perfís: institucións, hostalería, prescritores e público xeral. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia para coñecer as súas características diferenciais, poñendo o foco nas elaboracións da Indicación anfitrioa: Ribeiras do Morrazo.
As degustacións dirixidas ao público xeral celebraranse a partir das 18.30h. As prazas son limitadas e está aberta a inscrición gratuíta a través do correo electrónico info@vinos.ixp.gal ou no teléfono 685 722 084.
Relacionadas:
-
Aprobada a estratexia para o desenvolvemento da economía rural en Pontevedra e Morrazo
Por Redacción |
-
O financiamento europeo e a bipolaridade demográfica en Galicia centran o primeiro foro de desenvolvemento rural do GDR Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |
-
A Alameda de Marín acollerá a I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción |
-
Complétase o aforo para poder participar na cata de viños do Mosteiro de Poio
Por Redacción |
-
O GDR Pontevedra Morrazo financia con 800.000 euros proxectos para o desenvolvemento do rural
Por Redacción |
-
Que hai nesta botella? Unha campaña para aumentar as adegas da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Deputación impulsa a profesionalización dos viticultores na IXP Ribeiras do Morrazo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |