O remate das obras de Fernando Olmedo atrásase un mes
Por Alejandro Espiño
As obras de reforma urbana que se están a facer na confluencia de Fernando Olmedo con Casimiro Gómez e Camillo Vello de Castela rematarán un mes máis tarde do previsto. Así o confirmou este martes o edil de Obras, Demetrio Gómez.
Neste ámbito, xa están pavimentados os espazos peonís. Faltan detalles do mobiliario urbano e a iluminación, así como o asfaltado de toda esta zona.
A empresa EC Casas, a este respecto, foi a que pediu atrasar o asfaltado para facelo coincidir co que se fará na rúa da Seca, cuxa reforma comezará en breve.
Así, alegan, cando estean colocados os bordos das novas beirarrúas poderase asfaltar todo xunto, co que o resultado final será mellor.
Demetrio Gómez tamén avanzou que se atrasarán, neste caso ata despois da Feira Franca, os traballos de mantemento na rúa da Oliva. Os comerciantes pediron que non iniciaran xa, como estaba previsto, polas rebaixas e a campaña de verán, que xera moito movemento.
Relacionadas:
-
O Concello reformará en 2019 o treito central de Fernando Olmedo
Por Redacción |
-
O treito peonil da rúa Oliva estreará novo pavimento
Por Alejandro Espiño |
-
O Camiño Vello de Castela cambia de sentido de circulación
Por Redacción |
-
Veciños e empresarios de Fernando Olmedo piden, segundo o Concello, deixar só aparcadoiros de servizos
Por Oskar Viéitez |