Os máis pequenos tamén fan compostaxe
Por Sara López Lago & Mónica Patxot
O alumnado das Escolas Infantís da Parda e Monte Porreiro aprenderon durante a xornada deste venres en que consiste a compostaxe. Os monitores visitaron os centros pola mañá e pola tarde, ensinándolles aos nenos a importancia de aproveitar os residuos orgánicos en beneficio das plantas.
Un grupo de 15 escolares de infantil reuníronse esta tarde xunto cos seus pais no centro da Parda para coñecer da man de dous personaxes de gomaespuma (unha caracola e unha flor) a forma na que os residuos se converten en nutrintes, e compoñen a "terra máxica" que fai medrar as plantas máis sas e fortes.
O taller ao que asistiu a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, como convidada de honra, ten a intención de concienciar a profesores, pais e escolares do valor da xestión ecolóxica e sostible dos residuos. Pero non só os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer os beneficios do compost, tamén se impartirán talleres noutros centros de Educación Primaria e Secundaria da provincia.
A actividade do 'Plan Revitaliza', organizada pola Deputación e polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), entreteu a pais e pequenos grazas aos bailes, contacontos e obradoiros deseñados específicamente para eles.
Relacionadas:
-
A compostaxe é un xogo para os escolares do colexio de Campolongo
Por Redacción |
-
O PP critica o "fracaso estrepitoso" do plan de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Os estudantes de Enxeñería Forestal achéganse ao proceso de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
Un convenio para involucrar a todos os colexios e institutos da provincia na compostaxe
Por Diego Espiño |
-
A compostaxe tamén é cousa de nenos
Por Oskar Viéitez |
-
Os rapaces na escola andan a voltas coa compostaxe
Por Redacción |