Marín inviste medio millón de euros en obras públicas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín informou que o plan de investimentos de obras municipais posto en marcha ten un importe de case 500.000 euros, procedentes dos fondos propios e as achegas do Plan Concellos da Deputación Provincial.
Este plan recolle obras que foron recentemente adxudicadas e outras que están a se iniciar nestes días en distintas zonas do centro urbano e das parroquias do medio rural.
É o caso da mellora de accesibilidade da piscina municipal, cun orzamento de 142.404,96 euros, que foi adxudicada na xunta de goberno local á empresa Oresa; ou a pavimentación de varios camiños en distintas pistas do rural cun orzamento de 212.368,54, euros que foi adxudicado á empresa Casas, S.A.
O plan inclúe as obras de mellora e pavimentación do camiño de acceso á igrexa de Santa María do Campo, cun orzamento 67.392,43 euros e que está pendente de adxudicación, unha vez que se están valorando as ofertas presentadas. Tamén figura a remodelación da Alameda de Seixo, orzada en 74.821,52 euros e adxudicada á empresa Narom.
Relacionadas:
-
A remodelación da Alameda de Seixo entra na súa recta final
Por Oskar Viéitez |
-
Marín recibirá máis de 400.000 euros da Deputación para obras e emprego
Por Oskar Viéitez |
-
Marín adxudica unha nova reforma da Alameda de Seixo
Por Redacción |
-
Marín contratará a reforma do acceso á piscina por 142.000 euros
Por Redacción |