Continúan as reformas do campo de fútbol da Xunqueira
O peche perimetral do campo de fútbol da Xunqueira está sendo substituido esta semana por mor dos efectos dos temporais e, en xeral, do paso do tempo, o que provocou o seu deterioro. Nalgunhas zonas, como a máis próxima á Illa do Covo, mesmo se podía acceder ao interior do terreo de xogo polo que a Concellería decidiu esta mesma semana comezar as obras de remodelación.
Para acometer estos labores de acondicionamento do campo, previamente o departamento de Deportes decidiu tallar algúns dos sebes que rodeaban á instalación, xa que exercían presión sobre o pechado. Non se descarta seguir coa talla nos próximos meses para garantir a perdurabilidade do novo peche.
Estas labores de mellora atópanse dentro dun proxecto xeral de renovación das instalacións da Xunqueira, que se iniciaron o pasado verán coa colocación dun céspede de nova xeración, en substitución do antigo, de herba sintética. Isto fixo posible a apertura da pista ao público a principios de setembro do pasado ano.
A reforma incluiu melloras como a montaxe dunha base de formigón polímero con reixa integrada, novas arquetas para mellorar a drenaxe do campo e a substitución de porterías de fútbol 11 e bandoleiras de corner.
Tamén nos vindeiros meses levarase a cabo unha reforma do emplazamento que se emprega para a cafetería, que será transformada nunha sala de reunións dividida en seis despachos, destinada aos clubes que utilizan o campo a diario. O espazo, de 34 metros cuadrados, será ampliado ata alcanzar os 182 metros.
Esta nova estrutura completará os investimentos adicados para esta reforma integral e permitirá crear un novo acceso ao terreo de xogo, de forma que facilite a entrada dos equipos de fútbol ás instalacións.