Ángel Moldes solicita a Concello e Sergas o borrador do convenio do novo centro de saúde de Poio
Por Redacción
O presidente do PP de Poio, Ángel Moldes, presentou este martes dous escritos, ante o Concello de Poio e o Servizo Galego de Saúde, solicitando copia do borrador do convenio entre o goberno local e o organismo autonómico.
Moldes cre necesario que se faga pública toda a documentación das negociacións do goberno do alcalde, Luciano Sobral co Sergas e se coñeza exactamente cal foi a proposta do concello.
Segundo Moldes, o PP cre que o borrador do convenio acordado polo goberno local inclúe o peche dos ambulatorios de Combarro e Raxó, polo que as últimas declaracións dos concelleiros nacionalistas e socialistas desmarcándose destes peches serían "outra mentira grávisima" dun goberno que "xa perdeu toda a credibilidade a base" de mentir.
Relacionadas:
-
O PP fai público o borrador do convenio e os correos entre o Concello de Poio e o Sergas
Por Oskar Viéitez |
-
Unidade no goberno local do Poio: centro de saúde si, pero sen pechar os ambulatorios de Combarro e Raxó
Por Diego Espiño |
-
O Concello de Poio acorda coa Xunta un novo centro de saúde con servizo de urxencia
Por Oskar Viéitez |