Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción
Este luns reuníronse o goberno local do Concello de Sanxenxo e o consello reitor do parque empresarial de Nantes, despois de estudar e redactar un informe xurídico, por parte do consello, sobre a viabilidade do acordo entre as dúas partes para a posta en marcha do parque.
Nesta reunión sinalouse a data para a convocatoria dunha asemblea de propietarios na que se votará o acordo anteriormente mencionado. Esta asemblea será o luns 5 de febreiro pola tarde, no Pazo Emilia Pardo Bazán.
O Concello informou os propietarios o pasado 23 de novembro que unha vez esgotado o diñeiro do aval sería necesaria unha achega por parte de cada un deles para poder dotar ao parque de todos os servizos necesarios. A cantidade variará en función das parcelas das que dispoña cada un.
O pasado 1 de decembro presentouse ante o consello un posible borrador de acordo que desatascase a situación actual, fixando o punto de partida para a posta en marcha definitiva do parque empresarial de Nantes.
Relacionadas:
-
O Concello licita as obras necesarias para a posta en marcha do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello presenta un borrador de convenio ao consello reitor do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción |
-
Telmo Martín asegura que o polígono de Nantes podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez |