Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Sanxenxo expresou a súa satisfacción polo resultado da votación dos propietarios do parque empresarial de Nantes a quen trasladou o seu "máximo agradecemento" por depositar a súa confianza na folla de ruta proposta.
O 38,97% das cotas dos propietarios do parque (o 57,82% dos que votaron) apoiaron a proposta presentada polo alcalde, Telmo Martín. O 25,83% das cotas dos propietarios (o 38,32% dos que votaron) rexeitaron a proposta e o 2,61% das cotas (o 3,86% dos que votaron) abstivéronse.
"Foi un resultado moi rotundo que nos enorgullece, especialmente se temos en conta que, para chegar a este acordo, houbo que superar moitas dificultades e non poucas polémicas que rodearon ao parque empresarial desde o seu inicio en 2005", valoraron desde o Concello de Sanxenxo.
A folla de ruta marcada obriga a licitar todas as obras pendentes en 2 meses, realizalas en 4 meses máis e outros 2 meses para comprobar que a urbanización cumpre e posteriormente verificar o pago dos propietarios.
Desde o Ggberno local reiteraron o seu compromiso con este asunto e aseguraron que van "deixarse a pel para cumprir os compromisos e o calendario incluído no convenio". Para iso vai ser necesario que a maquinaria administrativa do Concello, especialmente o departamento de urbanismo, e o goberno demostren a súa capacidade de xestión e eficacia.
"No parque empresarial hai moito en xogo. Os propietarios de chan xóganse desatascar dunha vez por todas o seu investimento, o Concello xógase o seu prestixio como administración eficiente e o goberno a súa capacidade de xestión. Pero aínda máis importante, Sanxenxo xógase a oportunidade de xerar riqueza e emprego, diversificando o seu tecido económico, con novas actividades e empresas que complementen a actividade turística", conclúe o comunicado do Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Unha trintena de parcelas do polígono de Nantes xa tramitan as súas licenzas
Por Redacción |
-
Sanxenxo espera que o reaberto parque empresarial de Nantes cre uns 4.000 empregos
Por Redacción |
-
Unha década despois retómanse as obras de urbanización do parque empresarial de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo adxudica as obras pendentes no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
O Concello licita as obras necesarias para a posta en marcha do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción |
-
O Concello presenta un borrador de convenio ao consello reitor do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción |