Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou este xoves publicamente unha folla de ruta cos pasos que dará para desatascar definitivamente o parque empresarial en Nantes nun prazo de seis meses.
Martín presentou ante os propietarios de terreos do parque as contas detalladas sobre as obras xa realizadas e financiadas co aval, que tiña un importe 2,6 millóns de euros. Gastáronse case 2,1 millóns e quedan outros 500.000 euros, pero aínda hai obres pendentes por valor de máis de 1,1 millóns, de modo que son necesarios máis de 600.000 euros para afrontalas.
Segundo as contas faciltadas, trátase, en concreto, de 638.391 euros que teñen que asumir os propietarios, a razón dunha media de 1,55 euros por metro cadrado.
O alcalde púxolles ao día das xestións realizadas en relación co parque e anuncioulles que poderá seguir conectado á depuradora de Meaño, pero será necesario cambiar a tubaxe da conexión, pois na actualidade é de 300 mm e terá que ser de 500 mm.
O goberno local de Sanxenxo considera que "é unha oportunidade única" para desatascar o parque "dunha vez por todas", pois "leva enquistado demasiados anos" e insiste en que está a facer "todo o que pode", dentro das marxes que dá a defensa do interese xeral dos veciños, para impulsar esta dotación.
Tras estas xestións do goberno local e a reunión deste xoves o Concello indica que a pelota está agora no tellado dos propietarios e eles son os que teñen que demostrar, coas súas decisións, que están dispostos a asumir as condicións necesarias para poñer en marcha o parque empresarial.
Relacionadas:
-
Unha década despois retómanse as obras de urbanización do parque empresarial de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción |
-
Vanessa Rodríguez ve "papel mollado" o pacto entre PP e SAL
Por Redacción |
-
O Concello presenta un borrador de convenio ao consello reitor do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Telmo Martín asegura que o polígono de Nantes podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo dispón dun ano de prazo para revisar os solos urbanizables suspendidos
Por Redacción |
-
Convenio entre Sanxenxo e Meaño para resolver "definitivamente" o saneamento do polígono industrial
Por Redacción |