Un túnel para beber o país
Por Diego Torrado
Di o refrán que "Pontevedra é boa Vila, dá de beber a quen pasa". E a quen pasou este sábado pola Casa da Luz deulle, ademais, viño, pois as instalacións acolleron unha nova edición do Túnel do Viño organizado polo Concello e a Asociación Galega de Viticultura.
O túnel, que xa o venres tivera unha xornada previa coa mesa redonda 'O viño en Galiza: presente e perspectivas de futuro' e unha cata comentada de viños dos tres caldos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), foi de balde e ofreceu degustacións en horario de mañá e tarde.
En concreto, as persoas que se achegaron á Casa da Luz tiveron oportunidade de degustar ao redor dun cento de viños distintos de 40 adegas de toda Galicia e, en especial, varios da nova IXP Ribeiras do Morrazo, protagonista desta edición do evento.
Tres sumilliers informaron aos asistentes sobre os distintos viños e tamén varios adegueiros explicaron as características do que estaban a probar. Foi, como xa avanzaran os organizadores, a mellor oportunidade para visualizar a realidade plural do viño galego e de probar as distintas sutilezas dos viños das dez variedades de caldos de Galicia con Denominación de Orixe ou IXP.
Relacionadas:
-
Catro adegas comercializarán viño da IXP Ribeiras do Morrazo
Por Alejandro Espiño |
-
Europa recoñecerá a IXP Ribeiras do Morrazo en cuestión de días
Por Redacción |
-
Un cento de viños de 40 adegas danse citan no Túnel do Viño Galego
Por Redacción |
-
A Casa da Luz, escaparate para os viños galegos
Por Redacción |