En primavera estará en marcha o plan de autoprotección no Príncipe Felipe
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra iniciaba esta semana a aplicación do novo plan de autoprotección para o Príncipe Felipe coas primeiras reunións de traballo entre a empresa adxudicataria e a dirección e persoal do centro infantil. A través deste documento establecerá os protocolos para previr e controlar os riscos dos usuarios e dos bens e as instalacións do centro.
A implantación do novo plan de autoprotección será unha novidade e de obrigatoria aplicación nos centros residenciais co obxectivo de garantir que todos os usuarios saiban como actuar ante situacións de perigo dentro destas instalacións.
A través deste documento saberase como actuar en casos de perigo como incendios, catástrofes naturais e outras situacións de violencia que poidan afectar ás 1.340 persoas que traballan nos diferentes centros que forman parte das instalacións do Príncipe Felipe: centros de acollida, a escola infantil, colexio de infantil e primaria, centro de hostalería Carlos Oroza, o instituto Montecelo e o centro de Educación Especial.
O plan será redactado pola empresa Incope Consultores S.L., que presentou un orzamento de 22.150 euros, rebaixando os 33.000 euros da base de licitación, segundo indícase desde o departamento que dirixe a deputada Eva Vilaverde. Terá que estar finalizada a redacción antes de marzo de 2018 e a previsión é que se atope operativo na primavera.
NOVO MICROBÚS ADAPTADO
A deputada Eva Vilaverde presentaba este mércores o novo microbús adquirido desde a Deputación para os usuarios dos centros de acollida do Principe Felipe. O vehículo adquiriuse por 148.000 euros e empregarase en traslados dos menores a difentes actividades e centros educativos.
Con este novo autobús mellórase a seguidad e ofrece posibilidades para persoas que presentan mobilidade reducida. Actualmente hai tres menores en cadeira de rodas.
A Deputación tamén realiza unha poxa pública para quen estea interesado dun minibús e dun autobús de 55 prazas que non son utilizados pola institución. O microbús conta con 20 prazas e o prezo de saída é de 1.050 euros, mentres que o de 55 prazas é de 1.000 euros. As ofertas pódense presentar ata o 23 de novembro. A poxa pública será o 29 deste mes, tal e como establece o BOP.
Relacionadas:
-
A Xunta pecha a Unidade de Primeira Acollida da cidade infantil Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
O Príncipe Felipe estrea novo regulamento de funcionamento
Por Redacción |
-
O novo plan de autoprotección do Príncipe Felipe garantirá a seguridade
Por Redacción |
-
Acordo para evitar que os menores conflitivos ingresen na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada