Adxudican por 84.000 euros a obra que levará o abastecemento de auga ao núcleo dos Areás, en Mourente
Por Redacción
A empresa Oserco será a encargada de realizar as obras necesarias para levar o abastecemento de auga potable ao núcleo de Os Areás, na parroquia de Mourente, no que hai unha trintena de vivendas.
O portavoz municipal, Raimundo González, anunciou que a Xunta de Goberno local aprobou este luns adxudicar a obra por un importe de 84.022,44 euros a esta empresa para que se encargue de instalar a rede de subministración.
A obra saíu a concurso por 104.753,74 euros e finalmente adxudicouse por 20.000 euros e, ademais, a empresa adxudicataria ha comprometido dúas melloras. Unha delas será aumentar o grosor do asfalto, que deberá levantarse para poder executar os traballos e, ao seu termo, mellorarase. A segunda mellora será prolongar a rede uns 50 metros en dirección a Monte Porreiro.
A obra terá un prazo de execución de tres meses.
Relacionadas:
-
A auga chegará a máis veciños dos Areás
Por Alejandro Espiño |
-
Mourente ofrece colaboración para axilizar o subministro de auga do depósito do Castro
Por Redacción |
-
"Vimos a ducharnos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Oubiña presenta aos veciños de Mourente a reforma dos Areás
Por Redacción |
-
Completar o saneamento e o abastecemento de auga no rural, cifrado en 56 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello asegura que o consello parroquial de Mourente respalda os novos lombos
Por Redacción |
-
160 vivendas de Mourente poderán conectarse ao saneamento nas próximas semanas
Por Redacción |