Colón, as motos e o triatlón complican o tráfico en Poio
Por Redacción
Dende este venres a Policía Local de Poio ten en marcha varias restricións de tráfico motivadas polos operativos que se van levar a cabo este fin de semana. A Policía Local solicita a colaboración da veciñanza para acadar unha boa convivencia entre actividades sociais, culturais e deportivas e evitar atrancos de tráfico e alteracións que afecten a seguridade cidadá.
CONCENTRACIÓN MOTEIRA
Pola Concentración de motos, dende a tarde do venres 7 e ata o domingo 9 de xuño, queda parcialmente restrinxida o tráfico a Explanada da seca (só a parte mais preto ao CEIP Isidora Riestra) e tamén o estacionamento da explanada da Reiboa, onde se concentrarán todo o fin de semana as motos pertencentes ao motoclub A Rosa dos Ventos.
O operativo estará vixiado pola Policía Local mañá, tarde e noite e tamén se contará coa colaboración da Garda Civil.
As rutas polo Concello de Poio realizaranse con acompañamento da Policía Local, estando previstas para o venres as 19 horas e sábado as 23:30 horas.
TRIATLON PORTO DE CAMPELO
Con motivo do Triatlón porto de Campelo, as restricións de tráfico comerazán sobre as 15:00 horas do sábado 8 de xuño co peche do tráfico dende a Granxa de Campelo ata Lourido, afectando as rúas Camiño do Medio, Avenida da Praia e Avenida e Peirao Besada, que permanecerán pechadas ata as 19:30 horas.
O operativo estará vixiado por axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, para garantir a seguridade da proba e dos condutores e viandantes. Recoméndase que os vehículos se estacionen fóra de esta zona, quedando prohibido mover vehículos nas zonas citadas, nos momentos das probas.
DÍA DE COLÓN
O Operativo do Día de Colón comprende dende o venres día 7 pola tarde e ata o sabado 8 de xuño, queda restrinxida a circulación de vehículos ao Centro Histórico de Combarro, polo que os accesos estarán pechados a circulación.
Tamén se restrinxe o estacionamento de vehículos na Rúa Francisco Almirante Regalado, o cal queda habilitado para estacionamento de servizos 30 minutos.
O operativo de tráfico e seguridade estará vixiado por axentes de Policía local nas quendas de mañá, tarde e noite.