O Banco de Alimentos recolle 4.000 quilos de comida en Pontevedra e Marín no 'Maio Solidario' de Gadis
Por Redacción
A Fundación Banco de Alimentos de Vigo recolleu en Pontevedra e Marín preto de 4.000 quilos de comida dentro da campaña #MaioSolidario promovida pola cadea de supermercados Gadis.
A recollida solidaria levou a cabo durante o venres 19 e o sábado 20 de maio, traducíndose na doazón duns 3.000 quilos de produtos básicos entre os tres establecementos da cadea en Pontevedra e outros 1.000 quilos en Marín.
É o quinto ano que se organiza a campaña #MaioSolidario, estendéndose tamén a outras localidades de Galicia e Castela e León.
PETICIÓN DE VOLUNTARIOS
A Fundación Banco de Alimentos lanzou ademais unha petición de axuda na busca de novos voluntarios, ante o incremento de quilos de comida que se reparten diariamente chegando a 25.000 persoas en dificultades na provincia.
Para ser voluntario é necesario darse de alta a través da web www.bancoalimentosvigo.org ou chamar polas mañás ao 986 263022 (Vigo) e 986 865301 (Pontevedra).
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos repartiu comida a 4.800 pontevedreses con dificultades en 2017
Por Redacción |
-
70 voluntarios en Pontevedra e Marín para unha nova Operación Quilo en varios Gadis
Por Redacción |
-
Reclaman voluntarios para o Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
1.200 quilos de solidariedade na Pontevedra 4 Picos
Por Redacción |
-
Doados 15.500 quilos de comida na Operación Quilo celebrada en Pontevedra e Poio
Por Redacción |