70 voluntarios en Pontevedra e Marín para unha nova Operación Quilo en varios Gadis
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos mobilizará esta fin de semana máis de 70 voluntarios para levar a cabo unha nova Operación Quilo simultánea en distintos supermercados Gadis de Pontevedra e Marín.
A recollida de comida levará a cabo este venres e sábado 19 e 20 de maio, nun total de catro supermercados Gadis situados en Pontevedra (3 centros) e en Marín (un centro), durante o horario comercial de cada centro.
Gadis repite por quinto ano consecutivo a campaña #MayoSolidario no marco do seu programa de responsabilidade social corporativa.
Trátase da primeira vez que participan voluntarios da ONG nesta acción solidaria, xa que, en ocasións anteriores, só instalábanse carros da compra nos centros para que as persoas deixasen as súas doazóns.
O Banco de Alimentos segue necesitando voluntarios ante o incremento de quilos de comida que se reparten diariamente.
Precisamente, responsables da ONG deseñaron un calendario de Operacións Quilo máis amplo do habitual, despois de comprobar como os colectivos sociais demandan un maior número de produtos básicos para as persoas con dificultades.
Para ser voluntario da Fundación Provincial Banco de Alimentos só hai que darse de alta a través da web ou chamar polas mañás ao 986 263022 (Vigo)/986 865301 (Pontevedra).
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu en 2016 máis de 2 millóns de quilos de comida (2.108.608 quilos), o que supón un 25 por cento máis que durante 2015, cando foron preto de 1,7 millóns de quilos os entregados aos colectivos sociais. A través destas entidades benéficas, a ONG chega a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos recolle 4.000 quilos de comida en Pontevedra e Marín no 'Maio Solidario' de Gadis
Por Redacción |
-
Doados 15.500 quilos de comida na Operación Quilo celebrada en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
Cupcakes e doces solidarios na particular operación Quilo de Marín
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle en Pontevedra e Portonovo preto de 5 toneladas de comida
Por Redacción |