Eurodeputados verdes denuncian a práctica das "pexas" nas Rías Baixas
Por Redacción
Os dous eurodeputados españois do grupo Verdes/Alianza Libre Europea, Raül Romeva e Ana Miranda, rexistraron unha iniciativa escrita para denunciar unha vez máis a práctica das "pexas" no territorio galego.
Romeva (ICV) e Miranda (BNG) fanse eco así das demandas da Asociación Animalista Libera e da Fundación Franz Weber, que durante os últimos tres anos realizan tarefas de investigación e denuncia dos numerosos casos de maltrato a cabalos que teñen lugar en Galicia.
Estas dúas organizacións internacionais han documentado a presenza de 130 animais con toda clase de cepos e outros artefactos nas súas patas a través dunha plataforma web de denuncia.
Na súa exposición de motivos, os europarlamentarios sinalan tamén os problemas que xeran os animais con cepos cando transitan por terreos agrícolas e o seu implicación en graves accidentes de tráfico. Os verdes explican que ao non estar debidamente identificados, ninguén se fai responsable dos destrozos e problemas causados, e tamén en materia de benestar animal, onde a falta do preceptivo sistema de identificación posibilita que os ganaderos queden impunes.
Esa iniciativa chega cando existe unha recolleita de firma que en apenas unha semana recolleu máis de 11.000 sinaturas en apoio ao fin dos cepos.
A ciberacción pide aos deputados do Parlamento galego o voto afirmativo a unha Proposición Non de Lei presentada polo BNG que insta á Xunta a desenvolver as medidas adecuadas para acabar coas coñecidas popularmente como "pexas" ou "trancas".
Relacionadas:
-
Os concellos de Marín e Vilaboa colaborarán coa Xunta na recollida de cabalos soltos ou con trancas
Por Diego Espiño |
-
Denuncian a Xunta ante a Unión Europea pola problemática dos cabalos con cepos
Por Oskar Viéitez |
-
Detectan máis cabalos con cepos en Cotobade e Vilaboa
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a presenza de cabalos con pexas no Lago de Castiñeiras
Por Diego Espiño |
-
Localizan unha ducia de cabalos salvaxes con cepos e patas atadas con cordas e cables
Por Natalia Puga |