Denuncian a Xunta ante a Unión Europea pola problemática dos cabalos con cepos
Por Oskar Viéitez
A plataforma en defensa dos montes do Morrazo levará ata a Comisión Europea a problemática dos cabalos con cepos nas patas. Segundo denuncian, esta práctica está moi xeneralizada entre os propietarios en réxime de gandaría extensiva e a falta de actuacións por parte das administracións públicas fan que a escena se repita periodicamente.
Nun comunicado explican que a Xunta está a incumprir a normativa aínda que recibe axudas económicas europeas para iso, polo que pide a Europa "que proceda a abrirlle unha inspección e o correspondiente expediente sancionador, instándolle así mesmo a que proceda ao cumprimento estricto da lexislación europea e estatal, abolindo e prohibindo de xeito taxante a práctica das pexas e cordas nas patas do gando cabalar en réxime de gandeiría extensiva no territorio galego".
A plataforma recorda que recibe múltiples denuncias cidadás e colectivas dende hai anos e que presentaron denuncias tanto administrativas coma xudiciais. Aínda que o abril do 2013 o Parlamento aprobou unha proposición non de lei para adoptar medidas urxentes contra os cepos, a medida non serviu para que, segundo eles, se adopten actuacións.
Os denunciantes insisten na necesaria presenza de inspectores veterinarios que axuden o Seprona a identificar e retirar os cepos, cordas ou cadeas das patas dos cabalos, ademais de identificalos cun microhip.
No escrito presentado á Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra xa expoñían que as actuacións de soltas de cabalos levadas a cabo pola Agrupación Local de Protección Civil do Concello de Marín nos montes deste concello "antollábanse insuficientes xa que adoecían de autoridade e porque non son aplicábeis exclusivamente ao concello de Marín senón tamén aos concellos de Vilaboa, Moaña e Bueu, ao ser municipios así mesmo afectados pola utilización da pexas en cabalos".
Relacionadas:
-
O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción |
-
Propoñen crear un santuario para cabalos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Detectan máis cabalos con cepos en Cotobade e Vilaboa
Por Redacción |
-
Libera denuncia ameazas telefónicas de gandeiros a Protección Civil de Marín pola retirada de 'pexas' a cabalos
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez |
-
Eurodeputados verdes denuncian a práctica das "pexas" nas Rías Baixas
Por Redacción |