As obras de humanización esténdense a outro tramo da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez
As obras de humanización chegan a un novo tramo da rúa Concepción Arenal, neste caso é o tramo comprendido entre os cruces da rúa Jaime Janer e rúa da Roda, unha humanización que conserva o carácter de mobilidade actual, conservándose tanto o paso de peóns como de vehículos e reordenándose a zona de aparcadoiro.
Varíanse por tanto os anchos das beirarrúas existentes e tamén da calzada.
O novo ancho de beirarrúa permite unha mellor mobilidade aos peóns, que nun dos seus tramos en moi estreita, humanizando nalgunha medida este tramo de rúa, pasando a calzada a unha menor anchura e modificando o espazo destinado a aparcadoiro.
O tramo de rúa sobre o que se actúa é de 92 metros de lonxitude. Ademais de modificar a configuración do espazo, dotando de maior amplitude ás beirarrúas e facilitando así o tránsito peonil, reordénase a zona de aparcadoiro de vehículos e a zona de carga e descarga, dotando ao ámbito de actuación de novos servizos e elementos de mobiliario urbano.
Co novo deseño do viario quedará un ancho de calzada de 3,70 metros, aos que se suman 2,20 metros máis na zona onde está previsto espazo de estacionamento ou de carga e descarga. Os anchos de beirarrúa serán variables debido ás aliñacións de fachadas existentes.
Os servizos que van ser renovados son o saneamento de augas pluviais e residuais, a iluminación pública e a rede de rega para as xardineiras
O orzamento do proxecto ascende a 241.608,01 euros e o Concello contratou a súa redacción e levou a cabo a súa tramitación coas autorizacións administrativas necesarias.
Paralelamente dentro das actuacións que levarán a cabo paralelamente está o expediente de expropiación de parte da ruína da esquina entre Concepción Arenal e A Roda, que se iniciará polo procedemento correspondente.
De acordo co plan urbanístico están a levarse a cabo os informes precisos para poder actuar e poder aliñar a rúa neste tramo tan urbano.
Esta actuación foi aprobada e solicitada dentro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Nos próximos días se inicirá a fase de contratación das obras, iniciando o expediente para a súa constratación, a aprobación dos pregos de condicións que rexerán a súa contratación, a dirección da obra e concluirá coa súa adxudicación.
Relacionadas:
-
Aproban medio millón de euros do Plan Concellos para Marín e Portas
Por Redacción |
-
Así quedará a rúa Concepción Arenal cando se acometan as novas obras de humanización
Por Redacción |
-
A humanización de Concepción Arenal chega ata Jaime Janer e Sol
Por Redacción |
-
A construtora Oresa acometerá a reforma da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |