A humanización de Concepción Arenal chega ata Jaime Janer e Sol
Por Redacción
O Concello de Marín vai proceder á contratación das obras de humanización da rúa Concepción Arenal, no tramo comprendido entre Jaime Janer e a Rúa do Sol.
Segundo informou o grupo de goberno, o proxecto contempla a modificación dos anchos das beirarrúas existentes e tamén da calzada.
A reforma ten un orzamento total de 157.141,16 euros dos que a Deputación achega 83.162,60 euros, o Concello 14.528,29, o Ministerio de Fomento a través do ARI destinará 41.402,19 e a Xunta 18.048,08 euros.
Esta humanización dá continuidade ás obras levadas a cabo no primeiro tramo de Jaime Janer.
Do mesmo xeito que naquela, todas estas actuacións inclúen a mellora a rede de saneamento ou a renovación da iluminación.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de humanización da travesía Jaime Janer
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de humanización esténdense a outro tramo da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |
-
Así quedará a rúa Concepción Arenal cando se acometan as novas obras de humanización
Por Redacción |
-
A Xunta corrixe o asfaltado de Jaime Janer
Por Redacción |
-
Pavimentan a rúa Jaime Janer, que contará con catro lombos
Por Redacción |
-
A construtora Oresa acometerá a reforma da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Marín aproba as obras de humanización da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |