Así quedará a rúa Concepción Arenal cando se acometan as novas obras de humanización
Por Redacción
Na rúa Concepción Arenal de Marín, no tramo comprendido entre os cruces da rúa jaime Janer e rúa da Roda, vai levarse a cabo un plan de humanización coa reorganización da zona de aparcadoiro.
Está previsto que se varíen tanto os anchos das actuais beirarrúas como da calzada. O novo ancho dará preferencia aos peóns. O tramo da rúa sobre o que está prevista a actuación é de 92 metros de lonxitude. Ademais, modificarase a configuración do espazo, facilitando o tránsito peonil e reordenando tamén a zona de carga e descarga.
O ancho de calzada será de 3,70 metros aos que se sumarán 2,30 metros máis na zona onde está previsto espazo de estacionamento ou de carga e descarga. Os anchos de beirarrúa serán variables debido ás aliñacións das fachadas.
Renovarase o saneamento de augas pluviais, de augas residuais, a iluminación pública e a rede de rega para as xardineiras. O orzamento ascende a 241.600 euros e o Concello xa contratou a súa redacción. Tamén se está traballando no expediente de expropiación de parte da ruína da esquina entre Concepción Arenal e A Roda.
Relacionadas:
-
En marcha as obras dun novo tramo da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
As obras de humanización esténdense a outro tramo da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín analiza con Medio Ambiente como mellorar o saneamento da ría
Por Redacción |
-
A humanización de Concepción Arenal chega ata Jaime Janer e Sol
Por Redacción |
-
Pavimentan a rúa Jaime Janer, que contará con catro lombos
Por Redacción |
-
A construtora Oresa acometerá a reforma da rúa Concepción Arenal
Por Redacción |