Augas de Galicia no aprueba conectar o saneamento do polígono industrial de Nantes coa EDAR de Meaño
Por Redacción
O organismo público Augas de Galicia emitiu un informe desfavorable á petición de conexión do saneamento do polígono industrial de Nantes coa estación depuradora de Dena, en Meaño, unha decisión á que o Concello de Sanxenxo xa anunciou que pedirá a revisión e auditará o expediente.
O informe de Augas de Galicia é o primeiro que se solicita tras a firma do convenio co Concello de Meaño e basea a súa negativa en que o caudal medio achegado polo polígono industrial, a través do novo colector proposto, supón o 77% do caudal medio da EDAR.
Tamén argumenta que o bombeo de Pasales, previo á EDAR, non ten capacidade suficiente para asumir a auga residual que achegaría o novo colector e que o caudal máximo de deseño horario para a EDAR de Meaño podería verse superado co caudal de auga residual que achegaría o novo colector.
Non se trata do informe definitivo de Augas de Galicia, senón dun ditame previo elaborado pola responsable da xestión da EDAR, polo que desde o Concello solicitouse xa que se revisen os cálculos e se de unha solución a un problema que é competencia da Xunta.
Á vista desta argumentación, o Concello recoñece que lles sorprendeu e sinala que non entende por que Augas de Galicia informou favorablemente o Proxecto de Urbanización e o Plan Parcial, no ano 2005, dando por válida a solución de canalizar a depuración do polígono a esta EDAR. Apenas aumentou a poboación e agora di que está saturada.
O Concello non comprende como as medicións de verteduras eran válidas en 2005 para Augas de Galicia e agora non o son, a pesar de ser idénticas e solicitou unha reunión urxente coa técnica redactora do informe. Nese encontro, ao que asistiron o alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Urbanismo de Sanxenxo, Daniel Fernández, trasladáronlle que solicitarán unha revisión do documento.
Ademais, o goberno local auditará todo o expediente relacionado co SU 15 co obxectivo de esclarecer cada paso dado desde o inicio do desenvolvemento deste chan e aclarar calquera neglixencia ou responsabilidade na tramitación do mesmo.
Relacionadas:
-
Telmo Martín asegura que o polígono de Nantes podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local asegura que "non cabe falar de indemnizacións" pola situación do polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Pita culpa o PP das trabas ao polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo propón conectar o polígono de Nantes á rede municipal de saneamento
Por Redacción |
-
Convenio entre Sanxenxo e Meaño para resolver "definitivamente" o saneamento do polígono industrial
Por Redacción |
-
Augas de Galicia limpará as marxes do río Besada
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo lembra a Telmo Martín que o PP tivo 8 anos para xestionar o polígono
Por Redacción |
-
Telmo Martín reclama ao catripartito xestionar o parque empresarial de Nantes
Por Redacción |