O goberno local de Sanxenxo lembra a Telmo Martín que o PP tivo 8 anos para xestionar o polígono
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo de Gonzalo Pita respondeu ás críticas do portavoz do Partido Popular, Telmo Martín, alegando que o Partido Popular tivo oito anos para desbloquear a situación do polígono de Nantes e poñelo en marcha. Desde o goberno indican que, tras catro mandatos populares, o parque industrial continúa con problemas de saneamento, que impiden a recepción inmediata.
Por este motivo, a Mesa de Traballo organizada polo goberno local mantén un calendario de reunións para resolver as deficiencias.
Ademais, desde o Concello indícase que xa pasaron catro anos desde que o goberno do PP incautase o aval de 2,5 millóns de euros depositado pola empresa Gesai, S. L, encargada de urbanizar os terreos. E por este motivo, os representantes do equipo de goberno de Sanxenxo critican que Telmo Martín pida tres meses para liderar en solitario unha solución que foi incapaz de achegar o seu partido.
O goberno local insiste en convidar o líder da oposición para formar parte na Mesa de Traballo constituída xunto aos membros do Consello Reitor para buscar solucións conxuntas para que a recepción do polígono poida facerse efectiva.
O Concello informa de que solicitou estes días aos propietarios das parcelas que procedesen á súa limpeza á vez que demandou de Augas de Galicia a limpeza do río que transcorre xunto ao Con da Romaíña.
Relacionadas:
-
Gonzalo Pita culpa o PP das trabas ao polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia no aprueba conectar o saneamento do polígono industrial de Nantes coa EDAR de Meaño
Por Redacción |
-
Sanxenxo arromba os terreos do seu polígono industrial para evitar o seu deterioramento
Por Redacción |
-
Telmo Martín dará ao goberno de Sanxenxo un "período de graza" ata despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín reclama ao catripartito xestionar o parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
O alcalde de Sanxenxo invita a Telmo Martín a instalar as súas empresas no polígono industrial de Nantes
Por Redacción |