Marín presume de aforrar 120.000 euros en gasto enerxético durante tres anos
Por Redacción
O goberno local de Marín sinala que aforraron 120.000 euros en gasto enerxético desde que o Concello contratou no ano 2013 un sistema de xestión de enerxía eléctrica.
O concelleiro de Facenda e Urbanismo, Manuel Santos Costa, indica que se están engadindo contadores novos e estanse revisando as condicións dos contratos existentes.
Explica que nos últimos tempos están a acometerse obras de renovación a través do Instituto de Enerxía de Galicia con subvencións outorgadas pola Xunta de Galicia e chegouse a reducir o consumo por baixo do 60% respecto dos anteriores importes, como no caso das actuacións realizadas nas rúas Jaime Janer e Concepción Arenal.
Está previsto que se sigan substituíndo puntos de luz por outros de tecnoloxía máis eficiente, que continúen resultando positivos para a economía municipal.
Relacionadas:
-
Reabre ao público o parque de Briz e instalan novos báculos en Jaime Janer
Por Oskar Viéitez |
-
Mellora enerxética para os pavillóns de Marín
Por Redacción |
-
Marín cambiou 97 puntos de luz na rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Marín mellora a iluminación da PO-313 desde Coirados a Pardavila
Por Redacción |