Marín mellora a iluminación da PO-313 desde Coirados a Pardavila
Por Redacción
O Concello de Marín encargou un proxecto de mellora da iluminación da PO-313 coa renovación e eficiencia enerxética da iluminación da vila. O orzamento deste proxecto, segundo o goberno local de Marín, ascende a máis de 49.800 euros.
A actuación realizarase desde Coirados ata Pardavila, onde recentemente e polas medidas de seguridade viaria cambiouse a iluminación polo concello.
Con esta iniciativa quérese conseguir, por unha banda, renovar e mellorar a iluminación e, por outra, lograr un aforro enerxético empregando criterios de eficiencia.
Estes traballos súmanse aos que se realizaron nas rúas Jaime Janer e Concepción Arenal, no tramo máis próximo a Cantodarea.
Desde o goberno local de Marín anuncian que estas actuacións van levarse a cabo noutras zonas que se propoñan a través dun proxecto de renovación e eficiencia.