Reabre ao público o parque de Briz e instalan novos báculos en Jaime Janer
Por Oskar Viéitez
Tras un gran traballo das brigadas e traballadores auxiliares, a finca de Briz xa se pode visitar por completo a partir deste xoves.
A arboreda da finca de Briz sufriu danos no pasado temporal e a brigada de xardíns municipal, con medios auxiliares, tivo que proceder á talla e poda de varias árbores, sendo maioritariamente afectadas as acacias, algunha abeleira e o de máis tamaño foi un loureiro.
Estes días se están a realizar labores de limpeza que non entrañan perigo algún.
NOVOS FAROIS
A Xunta de Galicia, a través do departamento de Infraestruturas, está a proceder ao cambio de báculos que estaba pendente de executar na rúa Jaime Janer, recentemente reformada.
Os novos farois teñen tecnoloxía led e son de baixo consumo enerxético
Nesta liña de mellora do servizos e que incida no gasto corrente en iluminación, o equipo de goberno teñen varios proxectos de mellora de iluminación.
- Coirados - Pardavila. Na PO-313 continuará desde o final desta obra de Jaime Janer ata o cruzamento de Pardavila. Está redactado o proxecto e está pendente dos informes técnicos para a súa licitación, pero xa está comprometida o seu financiamento que ascende a 50.986,45 euros.
- Rúa Inferniño. Está tamén elaborado do proxecto, está a tramitarse a autorización de Patrimonio e foi solicitada unha subvención á Xunta de Galicia. Ten un orzamento de máis de 40.000 euros.
- Pardavila - Rúa Nova. Trátase de cambiar unha das iluminacións máis antigas en todo este tramo de estrada provincial, ascendendo o orzamento do proxecto a 45.919,11 euros, proxecto que tamén está elaborado e levará a cabo este ano 2017.