A Xunta de Persoal remítelle unha carta ao conselleiro de Sanidade para pedir o cese do xerente
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Persoal dos hospitais de Pontevedra e O Salnés decidiu remitir un escrito ao conselleiro de Sanidade co obxectivo de solicitar o cesamento do xerente desta área sanitaria, José Manuel González por, entre outros motivos, actuar "cunha falta absoluta imparcialidade, cun claro desvío de poder e incumprindo os principios básicos constitucionais de igualdade, mérito e capacidade".
Os representantes destes traballadores refírense ao "bochornoso acto" de "humillación pública" ao doctor Víctor Pedreira.
Nun comunicado a Xunta de Persoal di que "dubidamos que, aínda que sexa por un mínimo de credibilidade e dignidade, tomase a decisión de recorrer a sentenza, non executar o fallado de inmediato e, sobre todo esixir responsabilidades aos responsable de todo este degradante espectáculo acontecido no caso do doutor Victor Pedreira".
No seu escrito lémbranlle ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sentenciou, nun caso similar (sentenza tamén recorrida polo Sergas), que a actual Xerencia do CHOP "actuou de forma arbitraria e discrecional, faltando ao mínimo respecto, á honra e ao prestixio profesional e provocando unha grave indefensión, sendo contraria a principios constitucionais básicos". Este caso provocou que o xerente, despois de case 3 anos, siga en situación de investigado por un delito de acoso laboral por un xulgado do penal de Pontevedra.
Así mesmo, a Xunta de Persoal engade o expediente disciplinario que tivo que practicarlle esta Consellería, a instancias do Fiscal Xefe de Pontevedra, "pola presunta incompatibilidade do mesmo e que se resolveu, inexplicablemente, sen repercusións máis que a indicación da Consellería de que abandonase de inmediato a súa actividade privada".
Finalmente sinalan a "a política de nomeamentos dos mandos intermedios" que din, é unha mostra de "servilismo acérrimo", xunto os "incumprimentos continuos do decreto de provisión do persoal ".
Para a Xunta de Persoal Sanitario de Pontevedra, sendo estes feitos "dunha gravidade extrema que xa xustificarían por se mesmos a non continuidade deste equipo directivo, o máis importante é que iso non é máis que un reflexo do talante e actitude profundamente autoritaria e antidemocrática".
"Non é tolerable seguir sufrindo unha dirección que carece da máis mínima facultade participativa, dialogante, consensuadora e que da imposición, a ameaza, o medo e o abuso de poder fai as súas armas", engaden.
GRIPE
Por outra banda, o sindicato CIG-Saúde denuncia que, a pesares das previsións dun repunte da gripe para esta semana, a Xerencia non está a reforzar o servizo de Urxencias en Montecelo con enfermeiros, auxiliares e celadores.
Critican que estes profesionais están a sufrir "xornadas extenuantes e situacións de moito estrés ao ter que atender a pacientes e familiares en situacións limite e en condicións precarias".
TRIAXE
Ademais, o sindicato SATSE esixe reforzar cunha enfermeira máis a "triaxe" de urxencias en Montecelo.
A triaxe é un sistema de primeira valoración dos pacientes para saber a prioridade que debe ter nun servizo de urxencias. Obviamente, canto antes sexan vistos por triaxe e valorados, antes coñecerá a enfermeira o seu estado de saúde e a súa prioridade para entrar.
O Sindicato de Enfermería enviou un escrito á Xerencia para reforzar con profesionais de enfermería os servizos de urxencias e evitar máis colapsos nas próximas semanas, nas que está previsto outro repunte de gripe.
Relacionadas:
-
O TSXG da a razón a Víctor Pedreira no seu preito co Sergas pola súa destitución como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade releva a José Manuel González da xerencia do CHOP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Celadoras do CHOP denunciarán o Sergas por non cubrir oito vacantes seguindo as listaxes
Por Anxo Lourido |
-
O PSOE pide o cesamento do xerente do CHOP por "nepotismo"
Por Oskar Viéitez |
-
O Hospital Montecelo atende un promedio de 163 urxencias diarias
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras solicita a dimisión do xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade rexeita falar de colapso en Urxencias mentres o persoal o atribúe á "nefasta xestión"
Por Natalia Puga |
-
Os sindicatos médicos culpan á Xunta da "saturación" das Urxencias con atrasos "de máis de 8 horas"
Por Oskar Viéitez |
-
Comisiones Obreras pide a dimisión do xerente dos hospitais de Pontevedra
Por Redacción |