Protestas sindicais para defender o emprego, salarios dignos e pensións ante a Subdelegación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Comisiones Obreras e UGT cren que a nova situación política en España debe de aproveitarse para que se alcancen acordos ao entender que se terminou a etapa política na que se adoptaban medidas de maneira unilateral por parte do goberno de Mariano Rajoy. Por este motivo, queren trasladar a presión á rúa para lograr un cambio de rumbo cara a unha política orzamentaria que sitúe ás persoas en primeiro lugar, con defensa do emprego de calidade e das pensións.
Este xoves 15, ás 12.00 horas, ambos os sindicatos convocaron unha concentración ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra na que reclamarán que se revertan as políticas desenvolvidas ata agora nas que se defendían intereses especulativos, segundo apunta o secretario comarcal de UXT, Ramón Vidal.
Eusebio Justo, de Comisións Obreiras, lamentaba que se aprobe a suba de impostos e que os grupos da oposición no parlamento español só realicen xestos insuficientes sen reclamar medidas concretas que melloren a situación dos traballadores con empregos de calidade, salarios dignos, pensións con garantía de poder adquisitivo e sustentables, ademais de prestacións mínimas contra a desigualdade.
Reclaman un plan de emprego para Galicia, un incremento do gasto social, un plan de ingesos públicos e outro para impulsar a actividade económica cun plan industrial e estratéxico de infraestruturas. Con estas iniciativas entenden que se podería rescatar a situación laboral e social que, segundo apuntan, hase dmolido durante o últimos catro anos.
Representantes de ambos os dous sindicatos en Pontevedra viaxarán tamén para participar na gran manifestación convocada o 18 de decembro en Madrid.