Concentración de CC.OO. e UGT para que as persoas sexan o primeiro
Por Anxo Lourido
Delegados sindicais de UXT e de Comisións Obreiras concentráronse durante unha hora ante a Subdelegación do Goberno dentro dos actos previstos para reclamar a defensa das personjas e dos seus dereitos. Estes sindicatos levan a cabo esta actividade dentro dunha campaña na que reclaman emprego de calidade, salarios dignos e pensións con garantía de poder adquisitivo e sustentables.
Os principais representantes destas centrais en Pontevedra, Ramón Vidal e José Luis García Pedrosa, asistiron á concentración e fan un chamamento á cidadanía para que se mobilice e, desta forma, a política orzamentaria sitúe en primeiro lugar ás persoas, o emprego de calidade e as pensións.
Reclaman unha reforma fiscal integral para poder cambiar a situación. CC.OO. e UXT piden tamén que se somen os sistemas de protección social e a igualdade. Estas centrais sindicais convocan unha manifestación en Madrid o vindeiro domingo 18 de decembro e teñen previsto manter unha campaña para que se recuperen os dereitos que, segundo apuntan, se foron perdendo nos últimos anos.
Relacionadas:
-
Concentración ante a Subdelegación para reclamar mellor emprego e salarios dignos
Por Redacción |
-
Os sindicatos piden emprego, pero que sexa digno
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Protestas sindicais para defender o emprego, salarios dignos e pensións ante a Subdelegación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |