Os cociñeiros Pepe Solla, Sergio Orge e Rubén González xa teñen gañador do "Caldelas Tapas Quentes"
Por Redacción
O concurso gastronómico "Caldelas Tapas Quentes", que encherá as noites de venres deste mes de decembro, botou este venres a andar en Ponte Caldelas. A iniciativa do Concello servirá para dinamizar a actividade da hostalería local e ir creando ambiente de cara ao Nadal gracias á creatividade culinaria da restauración local.
Os cociñeiros Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), cociñeiro galardoado cunha estrella Michelín, e por Sergio Orge Orge e Rubén González Vallejo (El Cafetín), gañadores dos concursos De tapas por Galicia e Pontedetapas, de Pontevedra, estiveron este venres na Casa do Pobo de Cuñas, onde probaron as 12 tapas concursantes e, despois da oportuna deliberación, decidiron a proposta gañadora.
A decisión foi introducida nun sobre que non será aberto ata principios do próximo mes de xaneiro, unha vez rematado o concurso.
A relación de locais e tapas, que estarán dispoñibles durante as noites dos venres, 2, 9, 16, 23 e 30 de decembro, é a seguinte: Churrasquería A Fonte (Potaxe mexicano), O Recanto (Moflete), Klimbin (Escondidiño puré de iuca), Acuña (Capriño boloñés), Pecas (Pastel de polo con salsa tártara), bar Parada (Pincho de montaña), Cervexaría Alameda (Lacón con ovo), Alalá (Delicias da horta), Verdugolandia (Merluza en salsa vermella), Aries (Risoto de outono), bar Puente (Carrilleiras de tenreira con redución de Mencía) e restaurante 501 (Pantalán).
Un elenco variado que volverá ofrecer a súa tradicional mestura entre cociña galega e suramericana.
Relacionadas:
-
Unha chiscadela á comida brasileira, gañadora do certame Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |
-
'Caldelas Tapas Quentes', preto das 4.000 tapas vendidas
Por Redacción |
-
O Caldelas Tapas Quentes comeza con doce establecementos a concurso
Por Redacción |
-
Os mellores petiscos regresan a Ponte Caldelas en decembro con Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |