Fomento inicia as obras de construción do enlace de Calvelo, na N-541
Por Redacción
O Ministerio de Fomento iniciou os traballos para habilitar o novo enlace de Calvelo na Nacional 541, na parroquia cotobadesa de Tenorio.
As obras favorecerán o acceso ás casas da zona desde a estrada nacional, xa que na actualidade os veciños deben desprazarse ata Tenorio para poder facer o xiro correcto e dirixirse así ás súas vivendas.
Os traballos están enmarcados dentro do plan de mellora integral da N-541 no seu percorrido pola provincia de Pontevedra, que contan cun orzamento total superior aos 600.000 euros e un prazo de execución de sesis meses.
Cerdedo-Cotobade xa está a acoller outras obras incluídas neste plan, como o enlace de Serrapio ou a mellora de Cerdedo.
Jorge Cubela, presidente da xunta xestora do municipio, entende que con estes traballos gañarase "en funcionalidade e seguridade viaria", sinalou.
Relacionadas:
-
Cubela axiliza as actas previas para acadar a derradeira finca afectada pola construción do enlace de Calvelo
Por Redacción |
-
A mellora da N-541 inclúe un novo aparcadoiro e unha parada de autobuses en Calvelo
Por Redacción |
-
Cotobade pídelle a Fomento un aparcadoiro no enlace de Calvelo
Por Redacción |