Carmela Silva visita as obras nos camiños de Ventoselo e Fírveda, na Lama
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou este mércores o concello da Lama para coñecer o estado das obras de mellora do pavimento no camiño de Ventoselo e Firveda que acaban de iniciarse e se puxeron en marcha con 28.092 euros dos fondos do Plan Concellos da institución provincial.
Carmela Silva insistiu, unha vez máis, no "reparto equitativo, con criterios obxectivos e fora de calquera discrecionalidade" destes fondos, asegurando que a "etapa do clientelismo rematou nesta nova Deputación".
En total o Concello da Lama recibiu da Deputación un investimento de preto de 600.000 euros, isto é, un investimento de 224,11 euros por habitante.
Destes cartos a presidenta salientou os 457.845,15 euros do Plan Concellos, os 16.622,20 euros destinados a cultura e lingua, os 42.211,09 euros de cohesión social e xuventude, os 18.846 para o fomento do emprego na Lama ou os 15.371,90 euros investidos en melloras na mobilidade do municipio.
Relacionadas:
-
Máis recursos da Deputación para A Lama
Por Redacción |
-
Abren paso para que as ambulancias poidan acceder ao lugar de Cendón, en Seixido
Por Redacción |
-
As obras do Edificio de Usos Náuticos da Illa retomaranse nun prazo de dez días
Por Redacción |
-
Carmela Silva inicia en Barro unha xira para comprobar o resultado do Plan Concellos
Por Redacción |