Máis recursos da Deputación para A Lama
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra achegará o vindeiro ano un 3% máis de recursos ao concello da Lama no marco do Plan Concellos 2017, un incremento que vén dado polas novas bases do plan, que teñen por obxectivo beneficiar aos concellos máis pequenos da provincia.
Deste xeito, a vila da comarca de Pontevedra recibirá un total de 469.674,52 euros do Plan Concellos, 11.829,37 euros máis que este ano, no que xa tivo un 30% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 105.676,98 euros máis).
Á marxe do Plan Concellos, A Lama recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.