A prevención do botellón, unha tarefa que implica a todos os servizos municipais
Por Natalia Puga
Os servizos sociais municipais, o departamento de Xuventude, a Policía Local, o servizo de Educación... todos os servizos e departamentos municipais con algún tipo de relación coa educación ou a formación trabajan activamente "en evitar práticas ou actitudes que poden ser negativas para a saúde das persoas, especialmente nas persoas menores de idade" e especial atención recibe a prevención do consumo de alcol entre menores. Así o lembrou este luns o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Tras as declaracións da Valedora do Pobo, Milagros Otero, na Radio Galega suxerindo a posibilidade de impoñer multas aos menores que participen en botellóns e ás súas familias e instando os concellos a que se impliquen máis activamente no control dos botellóns, Lores lembrou todo o traballo que xa se fai en Pontevedra para evitar condutas negativas. Sobre a posibilidade das sancións, indicou que "do tipo de medidas coercitivas e de castigos e de multas, diso non entendo demasiado".
Fronte ás multas, el móstrase máis partidario de "traballar por unha sociedade máis cohesionada, máis educada, máis libre" e de que os servizos municipais con competencias nestas materia sigan "atentos a alteracións que se poidan producir no comportamento da xente", así como "dando alternativas e propostas para que o lecer e o tempo libre e a actividade física sexan o máis sustentable posible".
Respecto diso, lembrou que Pontevedra é "un exemplo" no que se refire a alternativas de lecer saudable e na cidade "diminuiu moito o consumo de alcol na rúa" e os clásicos botellóns de anos atrás "agora mesmo están reducidos". E tamén incidiu en que "hai cuestións que esceden a capacidade que pode ter unha administración para decidir" e coincide coa Valedora na importancia do papel das familias.
CESE DE ANTONIO COELLO
Lores realizou estas declaracións coincidindo coa visita ao Concello do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello. O próximo 26 de novembro cumpirá 70 anos e xubilarase, de modo que ese mesmo días cesa no cargo e iniciou unha rolda de encontros coas autoridades para despedirse.
As visitas comezaron este luns co alcalde; a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; o presidente da Audiencia de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez; e o subdelegado de Defensa en Pontevedra, o coronel Ángel de Miguel Campos.
Coello aproveitou para facer balance e agradecer o ben acollido que se sentiu durante os últimos case cinco anos en Pontevedra e revelou que se vai cunha espiña cravada: non poder esclarecer a desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias en agosto de 2010. O seu desexo sería "que ese interrogante pueda desaparecer para llevar la tranquilidad" á familia.
Relacionadas:
-
Identifican varios menores consumindo alcohol en Pontevedra, Marín e Caldas
Por Redacción |
-
O subdelegado do Goberno, sobre a desaparición de Sonia: "Me consta que la policía sigue trabajando"
Por Natalia Puga |
-
Menos prohibir e máis educar, as mocidades do BNG recrimínanlle ás do PP polo botellón
Por Oskar Viéitez |
-
Novas Xeracións do PP reclama medidas de control no acceso de menores ao botellódromo
Por Oskar Viéitez |
-
A valedora do pobo pide maior conciencia de familias e autoridades sobre os menores nos botellóns
Por Redacción |
-
Unha menor pontevedresa de 13 anos, ingresada por intoxicación etílica
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra volve arroupar á familia de Sonia Iglesias no seu "cumpleaños negro"
Por Redacción & Diego Torrado |