Identifican varios menores consumindo alcohol en Pontevedra, Marín e Caldas
Por Redacción
Pontevedra, Marín e Caldas de Reis foron tres das cinco localidades nas que axentes da Policía Autonómica despregaron esta fin de semana varios dispositivos de control de menores. Neles identificáronse 48 persoas e foron inspeccionados medio centenar de locais de lecer nocturno.
Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, foron controis de menores en risco de desamparo e por consumo de alcol e drogas.
Así, os axentes emitiron tres actas de infraccións a locais que non tiñan os carteis identificados de prohibida a venda de alcol a menores e outras tres por tenencia de sustancias estupefacientes e consumo.
Foi intervida unha bolsa con 5,75 gramos de marihuana e outra con 8.08 gramos de haxix.
Estes operativos intensificáronse coa entrada en vigor da lei 11/2010 de prevención de consumo de bebidas alcohólicas a menores, para velar polo seu cumprimento e evitar que os mozos beban alcol.