Rematan as obras de acceso ao campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción
As obras realizadas durante as últimas semanas en Marín para mellorar a accesibilidade ao estadio de San Pedro chegaron ao seu fin, segundo indican desde o Concello de Marín.
Os traballos foron desenvolvidos pola empresa construtora E.C. Casas por un importe superior aos 26.500 euros, que implica a prolongación de beirarrúas na rúa de San Pedro nas esquinas do acceso á chaira do estadio e o pavimento con baldosas de terrazo de primeira calidade.
Ademais instalouse un paso peonil sobreelevado, acompañado do vao peonil ao mesmo nivel, garantindo a continuidade e integridade do itinerario peonil accesible na transición entre a beirarrúa e o paso de peóns.
A seguinte actuación que ten previsto o goberno local será acometer o asfaltado e ordenación da zona próxima ao Pavillón da Raña. O proxecto está a tramitarse e poderá ser contratado o máis axiña posible unha vez aprobado. O obxectivo é mellorar os accesos e os aparcadoiros, ademais de mellorar a seguridade viaria dos peóns.
Relacionadas:
-
Labores de mantemento para o céspede artificial do estadio de San Pedro
Por Redacción |
-
Rematan as obras en San Pedro coa mellora do alumeado
Por Redacción |
-
A "brigada do pichi" chega a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Avanzan as obras na rúa San Pedro ata a entrada ao Estadio Municipal
Por Oskar Viéitez |