Avanzan as obras na rúa San Pedro ata a entrada ao Estadio Municipal
Por Oskar Viéitez
A empresa E.C. Casas avanza nas obras de mellora dos accesos ao Estadio Municipal de San Pedro. O Concello de Marín adxudicou esta reforma por 26.557 euros, unha cantidade máis de trece mil euros por baixo do orzamento marcado no proxecto.
Os traballos que se están levando a cabo consisten na mellora do firme para garantir a seguridade viaria dos peóns. Con este mesmo propósito instalarase un paso peonil elevado na entrada do estadio e prolongaranse as beirarrúas da rúa San Pedro cara á chaira de entrada do estadio.
A RAÑA
Doutra banda, o Concello de Marín ten previsto o asfaltado e a ordenación dos arredores do Pavillón da Raña.
O goberno local afirma que as actuacións contribuirán a que esta contorna deportiva que é moi frecuentado poida contar con melloras nos accesos e nos aparcadoiros. Así mesmo garantirán a seguridade viaria dos peóns que se achegan á zona e dos veciños da contorna.