A "brigada do pichi" chega a Marín
Por Oskar Viéitez
O pichi, chapapote, chapote, fuel... é un dos numerosos sinónimos utilizados para referirse ao asfalto e diso falan estes días numerosos veciños de Marín.
A Xunta de Goberno local acordou a proposta da mesa de contratación a adjudición das obras contempladas no proxecto aprobado de pavimentación dun paquete de varios camiños nas distintas parroquias do rural que se atopan en mal estado.
Trátase de melloras importantes, camiños que se atopan en moi mal estado que forman parte deste primeiro proxecto que se vai a financiar co Plan Concellos da deputación provincial.
Redactouse un proxecto que os engloba, realizouse a tramitación administrativa, recibíronse as autorizacións que con carácter sectorial aféctalles e iniciouse o procedemento de contratación coa solicitude de orzamentos a seis empresas. Da apertura das plicas resultou adxudicataria a empresa Marconsa por realizar a mellor oferta de acordo cos pregos de contratación que rexen o proceso.
A proposta foi aprobada definitivamente, o contrato asinado, realizada a contratación da dirección de obra, do plan de seguridade e saúde e unha vez realizada o acta de comprobación do replantexo iniciáronse as obras que engloban un paquete de 12 camiños:
- Malvido, Ardán
- A Cova, en Loira
- Ameal en O Campo
- Castro, en Seixo
- Raposeiras en Mogor
- Costa Landeira en San Xulián
- Viñas Brancas en San Xulián
- Pereiro en Santomé
- Carballal en San Xulián
- Teoira en Ardán
- Arealonga en San Xulián
- Pumariño
Relacionadas:
-
Marín destinará case 85.000 euros para pavimentar camiños rurais
Por Redacción |
-
Este ano aos marinenses custaralles menos ir ao cemiterio
Por Oskar Viéitez |
-
Marín incrementa un 9% os fondos que recibe da Deputación
Por Redacción |
-
Arranxados os da Teoira e O Carballal, chega a quenda do camiño da Cova
Por Redacción |
-
Rematan as obras de acceso ao campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción |
-
Pavimentan a rúa Jaime Janer, que contará con catro lombos
Por Redacción |