90.000 euros para o mantemento de seis colexios do concello
Por Redacción
Un total de case 90.000 euros destinou o Concello de Pontevedra para acometer diferentes traballos de mantemento durante o verán en seis centros educativos do municipio.
O curso escolar de Educación Infantil e Primaria comezará o próximo luns 12 de setembro e, segundo o Concello, estas obras permitirán que os centros cheguen a punto a esta data.
Así, no CEIP Vilaverde-Mourente arranxáronse os falsos teitos, no CEIP A Xunqueira 1 melloráronse as dúas escaleiras exteriores e un treito do muro exterior e no CEIP A Xunqueira 2 colocouse unha nova varanda e un porteiro electrónico.
Ademais, no CEIP San Martiño-Salcedo limpáronse as fachadas do centro e aplicáronse pintura e tratamentos hidrofunxentes, na EEI Crespo Rivas fixéronse traballos de mantemento do patio exterior e no CEIP Manuel Vidal Portela cambiáronse os letreiros de sinalización das aulas.
Relacionadas:
-
Sae a contratación o mantemento dos colexios de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Case medio millón de euros investirá a Xunta na mellora enerxética do colexio Vilaverde
Por Redacción |
-
Volta ao cole sen incidentes
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Nas próximas semanas cambiarase a cuberta do instituto Torrente Ballester
Por Redacción |
-
Adxudican as obras para as reformas do colexio Froebel e A Xunqueira II
Por Redacción |