Nas próximas semanas cambiarase a cuberta do instituto Torrente Ballester
Por Redacción
O Instituto Torrente Ballester será obxecto nas próximas semanas de melloras en todas as súas cubertas, tanto do edificio principal como na pérgola de acceso ao centro.
O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, analizou coa dirección do instituto a posta en marcha dos traballos que suporán o cambio de cuberta no edificio central coa instalación dun panel sándwich a dúas augas de 40 mm de espesor, o illamento do forxado e do baixo cuberta, así como o cambio das baixantes das pluviais, a substitución dunha claraboia e a colocación dunha liña de vida para a realización de tarefas de mantemento futuras.
No caso da cuberta da pérgola, instalarase un panel sándwich de 30 mm de espesor, se pintarán os canlóns e se substituirán as baixantes. Finalmente, tamén se levarán a cabo obras de mantemento nas cubertas inferiores, limpándose a superficie e impermeabilizando os canlóns. Este proxecto conta cun orzamento global de 210.000 euros.
Pérez Ares comprobou este venres a instalación dunha nova caldeira de gas natural no colexio Álvarez Limeses. A maiores tamén se instalaron dous novos aerotermos no ximnasio e se independizou o circuíto de cara a que o uso do ximnasio non implique ter que demandar enerxía para todo o centro educativo. O investimento destes traballos foi de 42.000 euros.
A esta mellora enerxética hai que sumar a reforma de tódolos baños da planta baixa, obra que será executada de xeito inmediato e que suporán 32.000 euros a maiores.