Sae a contratación o mantemento dos colexios de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
As pequenas obras de mantemento en colexios de infantil e primaria de Pontevedra serán realizadas, a partir de agora, con cargo a un contrato que acaba de saír a licitación. O importe anual desta adxudicación ascenderá a 200.000 euros, IVE incluído.
O contrato terá unha duración de tres anos, prorrogables a un máis, segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.
Debido a unha normativa europea, engadiu o edil do BNG, este contrato dividiuse en dous lotes, valorados en 100.000 euros cada un, para adxudicar por unha banda o mantemento dos colexios situados no norte do municipio e, por outro, os que están no sur.
Os arranxos que se incluirán neste contrato son, entre outros, traballos de pintado ou o mantemento de tellados e xanelas en mal estado.
Non se incluirán, por tanto, a substitución de cubertas ou xanelas, problemas coa calefacción ou calquera traballo que inclúa a construción de nova planta.
OUTROS CONTRATOS
Ademais, a Xunta de Goberno sacou a contratación a xestión e mantemento do Local de Música, tras resolver os problemas detectados na licitación inicial. Trátase dun contrato de catro anos, prorrogables dous máis, por case 94.000 euros anuais.
O Concello tamén renovará a cartografía do termo municipal. É un trámite que, con esta intensidade, non se fixo nos últimos doce anos. Contratarase a unha empresa que, mediante voos e traballos de campo, determinará o estado do municipio e dos seus edificios. Custará case 135.000 euros e deberá estar feita nun prazo de catro meses.
Relacionadas:
-
Dúas empresas encargaranse a partir de agora do mantemento dos colexios municipais
Por Alejandro Espiño |
-
160.000 euros para a posta a punto dos colexios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra renovará a súa cartografía catastral
Por Oskar Viéitez |
-
Deseñan novos proxectos de calmado do tráfico para os colexios de Lérez, Salcedo e Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
90.000 euros para o mantemento de seis colexios do concello
Por Redacción |