'Sanxenxo Degusta TAPAS', a piques de superar as 12.000 racións vendidas
Por Redacción
A dez días de que termine a edición deste ano do concurso 'Sanxenxo Degusta TAPAS', desde o Concello fan balance e destacan que conseguiu un repunte do consumo local, que se traduce en preto de 12.000 tapas vendidas.
A maioría dos establecementos participantes coinciden en destacar un incremento nas vendas con respecto a edicións pasadas, apoiado polo bo tempo, sobre todo durante a ponte das Letras Galegas. Á vista destas cifras, xa se augura a posibilidade de que se poderían superar as previsións de edicións pasadas.
A gran afluencia de consumidores deixouse notar especialmente en Portonovo, onde os locais de hostalería que participan neste concurso destacan a boa acollida que están a ter as súas tapas. En xeral, as opinións dos hostaleiros coinciden en destacar a boa acollida tanto das tapas creativas como das tradicionais, resaltando tamén un repunte entre os seus clientes do consumidor local.
Segundo indica o Concello a través dun comunicado, os dez últimos días deste concurso reforzaranse con concursos nas redes sociais, nos que se premiarán as mellores fotos promocionais, tanto cos mandiles promocionais entregados nos locais participantes coa imaxe corporativa da marca Turismo Sanxenxo como con fotos dos usuarios retratados tapeando ou degustando os cócteles.
Nesta ocasión son 36 os locais que concursan presentando 81 tapas, nas modalidades tradicional (28 tapas), creativas (33) e doces (20 tapas). Mantense o prezo de 2 euros por tapa así como o sistema de votación de edicións anteriores, co que o público terá voz propia e o xurado profesional visita os locais e ao final de concurso seleccionará as tres mellores tapas tradicionais, as tres mellores creativas e as 3 mellores doces.
Relacionadas:
-
O Degusta Tapas de Sanxenxo recorta a súa duración e planea desdobrarse en outono
Por Redacción |
-
Sanxenxo Degusta entrega os premios ás mellores tapas e cócteles
Por Redacción |
-
Ollares da Ría e Taberna de Caneliñas, gañadores do certame Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
As 'PequeTapas' súmanse á oferta de Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
Sanxenxo, capital das tapas ata o 12 de xuño
Por Redacción |
-
A volta a Sanxenxo en 80 tapas
Por Redacción |
-
As mellores tapas de Sanxenxo, do 13 de maio ao 12 de xuño
Por Redacción |