Os socialistas reclaman á Valedora do Pobo pola discriminación da Consellería de Educación
Por Redacción
Os alcaldes socialistas da provincia se dirixirán á Valedora do Pobo para denunciar as "discriminacións" que, según sinalan, varios concellos están a sufrir por parte da consellería de Educación da Xunta de Galicia no reparto dos fondos para melloras e reparacións nos centros educativos de Pontevedra.
Os responsables dos gobernos municipais socialistas veñen de manter un encontro coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, no que analizaron a situación creada coa actitude da Xunta que convocou a todos os máximos rexedores para firmar uns convenios dos cales "descoñecían o seu contido ata chegar á mesa de xuntas".
Estes alcaldes, algún dos cales non rubricou este convenio, comprobaron días despois como a financiación que tiña que ser compartida entre a Xunta e o propio concello "non se axustaba as necesidades que presentan as necesidades dos seus centros". Ademais, lamentaron que se trata dunha aportación "claramente discriminatoria e partidista" por parte da administración autonómica, "xa que algúns concellos gobernados polo Partido Popular reciben partidas moi superiores".
En todo caso, a entender dos socialistas e así tamén o indicou Carmela Silva, o "ocultismo e a falta da transparencia" da Consellería de Educación foi "máximo" neste proceso "ao non xustificar cales eran os criterios empregados" para decidir qué obras se podían asumir e cales eran as aportacións de cada unha das administracións.
En todo caso, o Partido Socialista destaca que a presión exercida polos seus alcaldes serviu para que a Consellería de Educación, o través do seu delegado na provincia de Pontevedra, estea a citar no seu despacho de Pontevedra as asociacións de pais para explicar as obras que van realizar nos colexios, "algo que non houbera pasado se non fora pola denuncia pública feita polo Partido Socialista".
Relacionadas:
-
De que nos queixamos os pontevedreses á Valedora do Pobo?
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen á Xunta que asuma o cento por cento das axudas polos danos das riadas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O xefe Territorial de Educación nega "favoritismo partidista" no reparto de axudas da Xunta
Por Redacción |
-
"Indignación" entre os alcaldes socialistas pola repartición "caciquil" das axudas da Xunta para reformas nos colexios
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada