Satisfactorio balance da L Festa da Troita
Por Redacción
A edición número 50 da Festa da Troita de Ponte Caldelas pechouse finalmente cun "éxito de público moi por encima das expectativas", sinalaron desde o goberno local.
A Xunta de Goberno fixo balance este luns asegurando que se rozaron máximos históricos a pesar das malas condicións meteorolóxicas do sábado.
En total vendéronse na carpa case 1.400 billetes, a un prezo de tres euros, e despacháronse preto de 900 quilos de troita.
A choiva provocou que a xornada do sábado contase con algo menos de afluencia, pero o domingo a Alameda foi un ir e vir constante de visitantes, que na súa maioría decantáronse por degustar a troita frita, aínda que a troita escabechada supuxo preto do 40% das racións servidas.
Ademais, a pesar da choiva, a verbena do sábado noite puido finalmente celebrarrse con normalidade baixo a carpa instalada ao descartarse o risco de tormenta eléctrica que ameazou coa suspensión.
Relacionadas:
-
A Festa da Troita busca o seu cartel para este ano
Por Redacción |
-
"O peixe máis bonito do mundo" xa ten escultura en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ábrese a gran carpa da Alameda de Ponte Caldelas para acoller a Festa da Troita
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas rectifica e manterá parte da verbena da Festa da Troita
Por Redacción |
-
"Polo río abaixo van 300 troitas de pé..."
Por Redacción |