"Polo río abaixo van 300 troitas de pé..."
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participou na solta de 300 exemplares adultos de troita no tramo urbano do río Verdugo. No acto participou tamén José Ramón Blanco, presidente da Sociedade de Caza e Pesca, Verdeseixo.
As troitas foron achegadas por técnicos da Consellería de Medio Ambiente, encargados de supervisar a manobra. O alcalde e o presidente dos pescadores caldeláns destacaron o gran tamaño dos exemplares, pois algún deles alcanzaba os 400 gramos.
Andrés Díaz afirmou que o Concello de Ponte Caldelas "aposta forte polo río Verdugo e está comprometido en todas as actuacións que sirvan para preservalo e promocionalo". Por elo aproveitou o acto para supervisar os últimos traballos de mantemento na contorna da praia da Calzada, distinguida coa bandeira azul, que se están a executar estes días.
Conxugar os valores medioambientais dun dos ríos máis troiteiros de Galicia co seu aproveitamento turístico e de lecer é un dos obxectivos do goberno local de Ponte Caldelas, que está tamén a ultimar os preparativos para a realización das “obras brandas” para a habilitación dun sendeiro azul (tamén homologado pola asociación europea Adeac) que poña en valor as súas beiras e patrimonio etnográfico.
A solta de troitas adultas completa a realizada o pasado mes de maio coa participación dos escolares do colexio Cordo Boullosa. Daquela foron uns 1.000 alevíns os que se soltaron curso arriba.
O río Verdugo, no tramo da Calzada, será escenario este sábado dunha nova edición do Concurso Internacional de Pesca, un dos eventos centrais da Festa da Troita.
Relacionadas:
-
Satisfactorio balance da L Festa da Troita
Por Redacción |
-
"O peixe máis bonito do mundo" xa ten escultura en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ábrese a gran carpa da Alameda de Ponte Caldelas para acoller a Festa da Troita
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas rectifica e manterá parte da verbena da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Troitas para todos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha troita de tres quilos morde a un home logo de ser capturada
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O río Verdugo repóboase con 1.000 alevíns de troita
Por Redacción |
-
Pescan unha troita de case tres quilos no río Verdugo
Por Redacción |
-
Alumnos dun colexio de Ponte Caldelas soltan 1.000 troitas para repoboar o río Verdugo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas preparará 800 quilos de troita para servir na 49 edición da Festa da Troita
Por Redacción |