VÍDEO.- Tres detidos no Vao nun novo control de tráfico de drogas
Por Redacción
Tres persoas foron detidas pola Garda Civil de Pontevedra no poboado do Vao en Poio nunha intervención que se desenvolveu durante este xoves 5 contra a venda e distribución de sustancias estupefacientes neste ámbito chabolista.
As investigacións intensificáronse nesta zona despois das últimas detencións desenvolvidas pola Garda Civil en abril nesta mesma zona. Os axentes levaron a cabo o rexistro dunha vivenda e dun galpón anexo. Incautáronse un total de 957 dose de heroína, 124 de cocaína, unha báscula de precisión e útiles para o corte das sustancias estupefacientes. Tamén interviñeron varios obxectos de procedencia non acreditada: tres televisores, sete teléfonos móbiles, unha tablet, sete reloxos, dous órganos musicais, un gps e diñeiro en efectivo.
Na operación interviñeron ademais de efectivos de seguridade cidadá do posto de Pontevedra, coa colaboración do G.R.S. número 7 e do Servizo Cinolóxico. Con esta actuación, a Garda Civil considera que se desarticulou un importante punto de venda de droga no poboado de O Vao.
Os detidos, a droga e os efectos intervidos serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Unha veciña do Vao, o fillo e o sobriño confesan que ela vendía droga nun galpón e eles cubríana
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha redada de maio de 2016 no Vao, a xuízo con tres acusados dunha mesma familia
Por Natalia Puga |
-
Dez detidos nunha redada antidroga no poboado do Vao de Abaixo
Por Redacción |