Dez detidos nunha redada antidroga no poboado do Vao de Abaixo
Por Redacción
Axentes da Garda Civil despregaron unha operación antidroga no poboado do Vao de Abaixo, no concello de Poio.
A redada iniciouse sobre as 8:30 horas da mañá deste martes. Os axentes abandonaron a zona contra as 13:00 horas.
Dez persoas, segundo fontes oficiais, foron detidas no poboado chabolista. Ademais os axentes, practicaron varios rexistros nas vivendas incautando diversas cantidades de heroína e cocaína e tamén armas.
Fontes oficiais do instituto armado valoran como "positivo" o resultado desta "importante" operación contra o tráfico de estupefacientes.
Redadas de semellantes características realízanse polas forzas de seguridade periodicamente no poboado do concello de Poio. Nos meses de abril e de maio deste mesmo ano tamén se realizaban outras intervencións nesta zona chabolista nas que se incautaban diferentes cantidades de droga.
Relacionadas:
-
Cinco persoas dunha mesma familia, condenadas por trapichear desde tres casas do Vao de Abaixo
Por Natalia Puga |
-
Sete persoas do Vao, investigadas por tratar de impedir a golpes a detención dun veciño
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Acusan a dous clans do Vao de pertenza a grupo criminal e tráfico de drogas
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Tres detidos no Vao nun novo control de tráfico de drogas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Redada antidroga da Garda Civil no Vao de Arriba con seis detidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada